Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Palas de Rei
Parroquia: Repostería (San Xusto)
Lugar: San Xusto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta edificación comeza a construirse na segunda metade do século XII (no ano 1170) con posteriores reformas e engadidos ao longo dos séculos seguintes (como a ábsida e a sancristía que son do século XVIII).
Realizada en cantaría granítica, posúe planta rectangular dunha soa nave e cuberta a tres augas.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de aceso de época románica, de dobre arquivolta con arco de medio punto e columnas acodadas, e capiteis con motivos vexetais.
Por riba da porta vemos un tímpano no que aparece gravado unha cruz de oito brazos inscrita nun círculo (posiblemente un Crismón Trinitario).
A fachada remata cunha espadana dun so oco, con pináculos de bola e cuz pétrea de remate.
Outro elemento de época románica que podemos ver nesta igrexa é a súa colección de canzorros historiados.
No interior destaca o arco triunfal, de medio punto en aresta, do século XVIII.
As fotografías desta ficha son cedidas.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa podemos ver unha serie de imaxes como a de San Xusto con capa e palma, o Pai Eterno (do século XVI), Santo Antonio, e outras de menor tamaño dos séculos XVIII.
Outro elemento moble a destacar é unha pía bautismal, cun vaso de sección cadrada e decorada nos lados con catro semicírculos cruzados, e unha estrela central. O pé é unha antiga ara romana na que aínda é posible ver os restos dunha inscrición, hoxe ilexible pola súa erosión.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA005.PDF (páxina 5)
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/San%20Xusto%20da%20Reposteria.pdf
http://www.xoanarcodavella.com/2021/12/igrexa-de-san-xusto-de-reposteria.html
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.845949756598Lonxitude: -7.9075912323622
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 22, 2022
Fotografía da ara romana facendo de base para a pía.