Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas situado na fachada principal do muíño dos Ramallas (http://patrimoniogalego.net/index.php/114246/2022/05/muino-dos-ramallas/).
Consta dunha fornela con arco escarzano. O interior atópase baleiro.
O conxunto remata con dous pináculos e unha cruz gravadas na pedra.
Na parte baixa da fornela podemos ver unha inscrición que di o seguinte:
“1851”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/molino-os-ramallas-galicia-maxica/
http://www.xoanarcodavella.com/2020/02/peto-do-muino-rio-tea-casal-salvaterra.html

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.091880177131
Lonxitude: -8.5123489150567
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84