Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontecesures
Parroquia: Pontecesures (San Xulián)
Lugar: Carreiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro situado nun antigo cruce de camiños por onde pasa o Camiño de Santiago que nace sobre catro chanzos de sección cadrada.

A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe varias inscricións entre as que aparece o ano da súa feitura: “1757”. Tamén podemos ler o seguinte: “SE PINTO A DEBOCION DE (…)”.
O varal comeza cunha sección paralelepípeda (estilóbato) na que tamén podemos ver varias lenda inscrita nas súas catro caras, entre elas: “S CONCED 80 DIAS YN”.
O varal segue en sección octogonal.
A continuación o capitel, decorado con cunchas de vieira e volutas nos esquinais, anxos alados no centro de tres das súas caras e unha figura humana que semella un freire na cuarta cara do capitel.
o conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica. No seu anverso aparece a imaxe de Cristo crucificado acompañado por Santo Antón; no reverso da cruz a imaxe da Raíña dos Anxos (patroa do lugar)

O cruceiro foi pintado e retocado no 1867 por un veciño do lugar, tal e como podemos ler noutra das súas inscricións: “A DEBOCIÓN DE CLEMENTE JAMARDO”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Ata os anos 70 do século XX tiña tamén dúas pequenas cruces a ambos lados do cruceiro principal, de leste a oeste, das que soamente queda a principal.

No pasado o cruceiro posuía un farol.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

Os traballos de restauración levados a cabo no verano de 2020 deixaron ao descuberto restos de policromía nas imaxes na que tamén apareceron vestixios de ouro.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360440104.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/pontecesures/elementos-relixiosos/cruceiro-de-carreiras
http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=2&id=12&sec=11
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280378730

RESTAURACIÓN XULLO 2020
https://galego.farodevigo.es/portada- arousa/2020/03/12/pontecesures-recupera-parte-patrimonio/2261512.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/pontecesures/2020/07/01/detectan-trazas-oro-pigmentos-cruceiro-carreiras/0003_202007A1C4991.htm
http://www.crtvg.es/informativos/atopan-restos-de-ouro-na-policromia-dun-cruceiro-en-pontecesures-4451252

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.717677009874
Lonxitude: -8.6479954057991
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84