Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Guarda
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: Rúa Rosalía de Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación inaugurada no ano 1921, de estilo ecléctico con influenza rexionalista montañés, baixo os planos do arquitecto Tomás Bilbao Sertucha.
Construída en cantaría granítica irregular, consta dunha sección principal de planta cadrada e dous bloques rectangulares aos lados. O conxunto presenta cuberta a dúas e catro augas.
O edificio, levantado grazas ao aporte económico dun grupo de emigrantes na América, tivo como función principal ser Hospital Casa-Asilo co fin de remediar a falla de infraestructuras sanitarias. Posteriormente foi cedido a Sanidade Provincial pasando a ser Centro Secundario de Hixiene Rural.
A última reforma levada a cabo nesta edificación foi no ano 1990, cando pasou a funcionar como Centro Sociocultural, biblioteca pública do municipio de A Guarda, salón de actos, salas de exposicións e oficina de turismo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
aguarda.es/servizos-municipais/cultura/centro-cultural/
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280376646
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/181127000298/centro-cultural?langId=es_ES&tp=9&ctre=39

BIBLIOGRAFÍA
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena. El legado de ultramar. Identidad, tradición e innovación en la configuración exterior de la casa indiana gallega. Atrio. Revista de Historia del Arte, no. 25 (2019): 170-207.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.902912252604
Lonxitude: -8.8655102270088
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84