Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Castrelos (Santa María)
Lugar: Parque de Castrelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1976 que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica posúe uns motivos decorativos con forma de cuncha nos esquinais.
A continuación o varal, que comeza en sección cadrada e segue en octogonal. Na súa metade vemos unha imaxe de Santiago peregrino sobre unha peaña.
O capitel moldurado, con volutas e outros motivos decorativos, da paso a unha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Virxe coas mans en oración e apoiada nunha peaña no reverso.

Este cruceiro atópase nos xardíns do pazo de Castrelos (http://patrimoniogalego.net/index.php/33737/2013/01/xardins-do-pazo-de-castrelos/). Foi desprazado da súa ubicación orixinal no ano 2000.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605725.html

BIBLIOGRAFÍA
BANGUESES VÁZQUEZ, Marcedes. (2020). Escultor SILVINO SILVA. Xamaruas dos arxinas. Instituto de Estudios Vigueses.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.210256741327
Lonxitude: -8.7294110712387
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84