Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Macendo (Santa María)
Lugar: Tallón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de Santa María de Macendo encádrase no século XVIII, na plenitude da arquitectura barroca galega, sendo unha síntese da arquitectura compostelán. Ten nave de planta rectangular, tres corpos (o do presbiterio de maior altura), unha lanterna (hoxe desaparecida), arcos de medio punto, cabeceira cadrada e tribuna ós pes.

A fachada en forma de muro-telón, presenta unha portada enmarcada por bocel semicircular, enriba unha ventá cadrada coa mesma decoración, rematadas con pináculos. O conxunto coróase por unha gran torre-campanario.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000024455
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

O retablo foi realizado en 1579 polo entallador Antonio Fernández de Monterrei, e pintado polo ourensán Fernán Pérez Feijóo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.galiciaenteira.com/santa-maria-de-macendo-castrelo-de-mino/

López Fernández, Luis: “A igrexa parroquial de Santa María de Macendo”, Revista Porta da Aira 2002
(http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=2011146&orden=0)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3018518087
Lonxitude: -8.03890228271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84