Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Baña
Parroquia: Ordoeste (Santa María)
Lugar: Paraxó
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1622 situado no adro da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/47515/2013/07/igrexa-de-santa-maria-de-ordoeste/).
Nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A continuación o varal que é de sección cadrada nos extremos e octogonal na parte central. Na parte inferior cadrada aparece a seguinte inscrición:
“HEST CRUCERO ICO ACER ALONSO D LEM RETOR D T BENEFICIO AÑ De 1622”
A continuación vemos un capitel de sección troncopiramidal invertido, decorado con follas de acanto, cabezas de anxos alados e a Santa Face.
O conxunto remata cunha cruz de sección cuadrangular, remates florenzados e botón central. Nela aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.

Este cruceiro posúe mesa pousadoiro.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA007.PDF (ficha CR – 16 / Páxina 22)
https://cruceirosdegalicia.xyz/1500711.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
CARDESO LIÑARES, José. (2000). El arte en el Valle de Barcala. FEIRACO FUNDACIÓN, 2000.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.940557982636
Lonxitude: -8.7842316076982
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84