Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Rianxo
Parroquia: Asados (Santa María)
Lugar: A Santa Lucía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela construida no século XVII a base de cantaría granítica encintada na fachada principal e de cantaría irregular nos laterais, nalgunhas partes cubertas de cemento.
Posúe planta rectangular dunha soa nave, e cuberta a dúas augas con tella curva do país.
Nun dos laterais podemos ver a sancristía, de construción máis recente.
A fachada principal presenta unha porta de aceso lintelada, unha xanela central e, de remate, unha espadana de dous corpos con arcos de medio punto, e cruz pétrea no cume.

O interior presenta unha parte cunha estrutura de madeira e outra con bóveda de canón.

A capela atópase no parque do mesmo nome, cuberto dun bo número de árbores, onde se celebra unha célebre romaría o 13 de decembro.
Ao carón da capela destaca un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/114567/2022/08/cruceiro-no-adro-da-capela-de-santa-lucia/) e un palco da Música (http://patrimoniogalego.net/index.php/114571/2022/08/palco-da-musica-de-santa-lucia/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://concelloderianxo.gal/ftp/PXOM_RIANXO_2014_05/3_ORDENACION_3_CATALOGO_4_PAXS_300_321_ARQUITECTURA_RELIXIOSA.pdf (Ficha A-007 / Páxina 7)
https://www.obaixoulla.gal/elementos/rianxo/arquitectura-relixiosa/ermida-de-santa-lucia
https://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-3-1.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.67480001972
Lonxitude: -8.7973832909936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84