Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: San Simón da Costa (San Simón)
Lugar: O Valado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa construída entre os anos 1802 e 1804 sobre unha edificación anterior, a base de cantería granítica irregular e cantaría de lousa. Consta de planta de cruz latina, con tres naves e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta unha porta de aceso lintelada, unha xanela rectangular, e un frontón triangular con cruz pétrea de remate.
Nun dos seus lados podemos ver unha torre campanario.

No interior destacan un retablo maior do século XVIII, e dous laterais de estilo neoclásico


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga diferentes imaxes: Cristo, San Simón, San Xudas, San Roque (dos séculos XVIII), e outros de factura moderna.
Tamén unha cruz procesional (do século XVII)


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

SAN SIMÓN DA COSTA (SAN SIMÓN)

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.38161445589
Lonxitude: -7.6117366733583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84