Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vilalba
Parroquia: San Simón da Costa (San Simón)
Lugar: O Valado
Outra denominación do ben: Telecentro de San Simón da Costa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación da década dos 20 do século XX composta de baixo e primeiro andar e feita en cachotaría irregular agás nos esquinais e marcos das xanelas na que vemos cantaría de granito. Posúe planta rectangular e cuberta a catro augas con lousa.

A fachada principal presenta tres panos divididos por pilastras; todos eles con xanelas que posúen arcos escarzanos.
No pano central vemos a porta de aceso e, por riba dela, unha balconada con reixa. Na parte superior destaca un frontón curvo elemento decorativo. Nel aparece gravada a seguinte lenda:
“COLEGIO
DE LA SOCIEDAD UNIÓN
SAN SIMÓN Y SAMARUGO
AÑO DE 1921”. Remata o conxunto un pináculo.

O edificio foi promovido pola devandita sociedade fundada na cidade de A Habana, e composta por veciños das parroquias sinaladas
En 1950 o conxunto foi cedido ao Concello de Vilalba. Dende fai uns anos funciona como local social da parroquia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB

SAN SIMÓN DA COSTA (SAN SIMÓN)


http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.381178121487
Lonxitude: -7.6106094906672
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84