Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Forcarei
Parroquia: A Madanela de Montes (Santa María Madanela)
Lugar: Soutelo de Montes
Outra denominación do ben: Peto de ánimas da Inmaculada Concepción
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado que nace sobre unha base cúbica de cachotaría irregular. A continuación unha construdo en cantaría granítica. A continuación unha repaisa a xeito de mesa.
A fornela, cun enreixado moderno, presenta arco de medio punto. No seu interior vemos unha serie de pequenas imaxes de recente factura. O caixón das esmolas aparece na parte inferior.
O conxunto remata cun tellado plano con cornixa. Antigamente posuía unha cruz de remate.

Na súa fachada principal podemos ler a seguinte lenda:
“ESTA OBRA SE HIZO A DEVOCION DEL LIZENCIADO DN PEDRO DE PORTO CARIDE. AÑO 1832”

Orixinariamente o peto atopábase no antigo Campo da Feira (hoxe Praza dos Gaiteiros). Foi trasladado ata a súa ubicación actual na década dos setenta do século pasado.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O peto foi restaurado no verano do 2021 (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
ROZADOS, Francisco. Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no concello de Forcarei. (en liña: http://www.cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36018/CruceirosCrucesPetosEMonumentosFunerariosNoConcelloDeForareiAutorFranciscoRozadosRochi.pdf)

RESTAURACIÓN ANO 2021
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/03/02/concello-forcarei-adjudica-restauracion-peto-animas-soutelo-montes/0003_202103D2C5998.htm
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/03/31/rehabilitacion-peto-animas-soutelo-recuperara-46007790.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/caldas-deza/soutelo-recupera-esmoleiro-orixinal-do-peto-animas/202103311929111134299.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/caldas-deza/goberno-local-forcarei-anuncia-restauracion-peto-animas-soutelo/202103021404181129394.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/forcarei/2021/06/24/concluye-rehabilitacion-peto-animas-soutelo-montes/0003_202106D24C49910.htm

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.536732955106
Lonxitude: -8.3040606742251
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84