Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vilalba
Parroquia: San Simón da Costa (San Simón)
Lugar: Bodán
Outra denominación do ben: Capela do pazo de Bodán
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa de planta rectangular feita en cantaría irregular cos de muros revocados.
A súa fachada principal presenta unha zona porticada sobre catro columnas pétreas de sección cadrada.
A porta de aceso, con arco de medio punto dovelada.

Esta capela atópase próxima ao pazo de Bodán (http://patrimoniogalego.net/index.php/114688/2022/09/pazo-de-bodan/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Segundo se recolle na bibliografía consultada, a capela posuía un retablo feito en pedra na que se podía ler unha data: “1711”.
A capela cobixaba as imaxes de San Roque e Santa Catalina.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

Despois do seu abandono litúrxico, a capela servíu de secadeiro de patacas e castañas.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://www.clubrural.com/que-ver/lugo/villalba/sitios-interes/pazo-de-bodan_4788

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na nosa visita ao lugar (11 de agosto de 2022) vimos a capela coa cuberta parcialmente derruída e nun estado total de abandono.


Onde está localizado

Latitude: 43.373812935048
Lonxitude: -7.6196924773007
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84