Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Curtis
Parroquia: Curtis (Santaia)
Lugar: Santaia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “de Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos con voo. O pedestal é cuadrangular moi moldurado e cunha grande escocia. No pedestal ten unha inscrición no que amosa a sua data: “1868”. Ten unha mesa exenta. O varal é cadrado con mediacana que comenza e remata en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten ademais volutas, querubíns e orlas vexetaais. A súa cruz é cuadrangular con brazos en chafrán e remates florenzados con botón central. No anverso da Cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Dorosa sobre unha peaña decorada con dentículos, con sete espadas na man e unha serpe ós pés da Virxe. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA021.PDF (Páx. 3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.115574893512
Lonxitude: -8.0462319317052
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84