Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Piñor
Parroquia: A Canda (San Mamede)
Lugar: Cotelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Conxunto formado por un peto de ánimas e unha cruz que nacen sobre catro chanzos de sección cadrada:
* O peto de ánimas posúe unha fornela de sección cadrada e protexida por un enreixado metálico. No seu interior podemos ver un caixón para as esmolas e un retablo feito cunha taboa de madeira pintado. Presidindo o debuxo aparece Cristo a cruz cunha cinta que reza o seguinte: “SEÑOR TEN PIEDAD, CRISTO TEN PIEDD, SEÑOR TEN PIEDAD”. A súa dereita vemos a imaxe da Virxe do Carme, e asúa esquerda a Santo Antón. Unha cinta recorre a parte superior destas imaxes coa seguinte lenda: “S. ANTONIO RUEGA POR NOSOTROS – AMEN – VIRGEN DEL CARMEN RUEGA POR NOSOTROS”. Na parte baixa do retablo existía un grupo de almiñas, hoxe desaparecidas. Aínda é posible ver unha cinta na que aparecía a seguinte oración: “ANIMAS BENDITAS DESCANSAD EN PAZ”.
O peto remata cun fronstispicio triangular no que é posible ler o ano da feitura deste conxunto: “AÑO D 1899”. Unha cruz pétrea coroa o peto de ánimas.
* A Cruz posúe o seu varal de sección cadrada. Remata cunha cruz de Caravaca.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3206101.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO.
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Avriense, anexo 3, Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Editado por Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
BURGOA, Juan J. (2009). Os cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Acta do Iº Congreso Galego sobre Cruceiros e Cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
VV.AA. (1985). Os petos de ánimas en Ourense. Cuadernos da Área de Arte/Comunicación num 3. Publicación do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.496043008388Lonxitude: -7.9875755310059
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84