Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Lalín
Parroquia: Noceda (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Construción relixiosa construída en perpiaño granítico na fachada principal e cachotaría no resto. Posúe planta en forma de L cunha soa nave, e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta porta lintelada, unha fornela e un campanario dun so oco con cruz pétrea no cume.
Nun dos muros laterais existe unha zona porticada e unha fonte.
A primeira referencia bibliográfica referente a esta capela aparece nun documento de xuño de 1705 no que dous vecños de Noceda preitean “por el molino de debaxo de la ermita de la gloriosa Sta. Lucía”.
Ao carón da ermida podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/114930/2022/11/cruceiro-da-ermida-de-santa-lucia/) e unha pía (http://patrimoniogalego.net/index.php/114934/2022/11/pia-ao-caron-da-ermida-de-santa-lucia/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior alberga un retablo de estilo barroco de finais do século XVII-inicios do XVIII.
Algunhas das imaxes, realizadas en madeira policromada, son da mesma época. Entre elas a Virxe do Carme (do século XVIII) e a Virxe das Angustias.
Tradición oral:
“A tradición sostén que un veciño logo de perder a vista por unha cornada cando levaba as vacas a beber á fonte, logrou recuperala coa axuda da santa, polo que mandou facer a capela”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA005.PDF (ficha 2-8 – páxina 8)
http://www.xoanarcodavella.com/2017/03/capela-de-santa-lucia-prado-lalin.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.689052888974Lonxitude: -8.18567818411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84