Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Lalín
Parroquia: Santiso (San Román)
Lugar: Santiso do Fondo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación de mediados do século XIX construída sobre outra anterior do século XVII. A casa, de 1400 m2 e tres andares, está feita en perpiaño irregular e cachotaría granítica, de planta cadrada e cuberta a dúas augas.

O conxunto é unha mestura entre arquitectura galega e andaluza, por influenza dos seus primeiros propietarios da localidade malacitana de Ronda, a familia Velón Taboada.

O acceso principal do edificio dá paso a un patio cadrado cuberto por unha lumieira acristalada cun entramado metálico.
No segundo andar unha balconada apoiada sobre columnas dá acceso ás 15 estancias conectadas entre si.

A propiedade atópase nunha finca de 15000 m2.
Existen varias construcións adxectivas como un pombal, os restos dun hórreo e unha capela baixo a advocación de San Brais (http://patrimoniogalego.net/index.php/114970/2022/11/capela-de-san-brais-5/).

Nesta casa vivíu Andrés González Bugallo, escribano das Terras do Deza entre 1700 e 1725.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA010.PDF (ficha 3-80 // páxina 20)
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2013/09/14/presume-pazo-700-000-euros-17372989.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.693314882784
Lonxitude: -8.1624261320201
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84