Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lalín
Parroquia: Bendoiro (San Miguel)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: Cruceiro de Rosa Mareque
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro do ano 1910 que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica con molduras da paso a un varal de sección cilíndrica que se vai estreitando conforme sube cara ao capitel.
O capitel é de tipo corintio decorado con volutas, motivos vexetais e rostros de anxos nos catro lados.
O cruceiro remata cunha cruz de sección cilíndrica e de forma
Nel podemos ver as imaxes de CRisto crucificado baixo cartela de INRI e acompañado dun anxo que recolle o sangue do seu costado; no reverso a figura da Virxe, con coroa real de espiñas e espada cravada no peito, apoiada sobre unha peaña con forma de anxo.
Este cruceiro posúe varias inscricións na súa base que din o seguinte:
“Lo hizo Rosa Mareque Noguera el año 1910 es propiedad de la casa de José Carballo”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Este cruceiro mandouno facer Rosa Mareque Nogueira por unha promesa: era vendedora ambulante de bixutería do barrio de Conxo de Santiago, e casou cun home desta aldea, é propiedade do seu fillo erdeiro, foi trasladado un chisco cando se ampliou a estrada”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360240601.html
BIBLIOGRAFÍA
REIMONDEZ PORTELA, Manuel. (1985). Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.682200721805Lonxitude: -8.171848420616
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84