
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Guitiriz
Parroquia: O Buriz (San Pedro)
Lugar: O Forno
Outra denominación do ben: Castro de San Pedro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Inzado pola maleza, non resulta doado percorrelo nin definir a súa configuración, atranco resolto en parte polas fotos aéreas e imaxes do relevo. Vou tentar describilo (descoñezo se figura descrito nalgunha parte, eu non atopei nada). Sen entrar nalgunhas interpretacións que circulan por aí, trátase dun castro dobre ou, mellor, dous castros comunicados entre si. O castro situado ao norte ten unhas medidas aproximadas en conxunto de 250 por 220 metros, no centro a parte habitable cunhas medidas aproximadas de 150 metros de diámetro. Protexido en todo o seu perímetro por unha sucesión de foso-parapeito, foso-parapeito, foso-parapeito, foso que circundaban, agás polo sur, unha croa amurallada. Polo N-E perdeu as defensas debido á construción das casas da aldea, camiños, etc.
Ao sur, a uns 100 metros de distancia, hai outro castro de forma tirando a ovalada (apréciase bastante ben no voo americano do 1956-57) que tería unhas medidas en conxunto de 200 por 150 metros, cunha parte habitable de 115 por 60 metros que estaría protexida por unha sucesión foso-parapeito, foso-parapeito e foso que circundaba, agás polo norte, a croa amurallada.
Os dous castros estaban comunicados por un “corredor” duns 100 metros de longo e uns 30 metros de ancho, protexido por ambos os lados por unha sucesión de foso-parapeito, foso-parapeito (a parte oeste foi practicamente achandada), que enlazaban cos fosos-parapeitos de ambos castros.
Pode que a entrada aos dous asentamentos se efectuara por un só sitio, polo sur: ao remate dun prado (había unhas mámoas, modias lle chaman por alí, que foron arrasadas ao acondicionar o terreo para pastizal), entre a maleza, apréciase un acceso duns catro metros de ancho, onde aínda se ve un dos muros de pedra.
Polo NO semicirúndaos os regos de Porto Barroso e Porto Augalonga, e o río do Requeixo.
As dúas croas e o “corredor” foron utilizadas ao longo dos anos (seguro que séculos) como terreos de cultivo.
Por información achegada polo arqueólogo Anxo Felpeto, segundo Santiago de la Iglesia (“Almanaque de Ferrol para el año 1908”) atopouse un raspador de bronce na chaira onde asenta o castro, non no xacemento. A visita á zona foi no ano 1897, pero antes xa fora recollido nun inédito polo vilalbés Mato Vizoso; Felpeto cre que Mato puído ser o informante de Murguía para os restos desta zona.
A peza de bronce foi doada no 1926 á Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago por Santiago de la Iglesia.
Segundo a lenda, foron construídos polos mouros.
A uns 200 metros, ao sur, na Abeleira, está o castro das Modias.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Castros de Galicia (Provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.250532250547Lonxitude: -7.8309389009326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84