Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...), Vivenda singular,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: O Xardín - Camiño Xardín s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación de estilo indiano construída na primeira década do século XX a base de mampostería revocada, de planta cadrada con tres andares, e cuberta a catro augas con xisto.
As catro fachadas presentan un estilo sobrio e simétrico no que podemos ver xanelas rectangulares en madeira. Destaca tamén a cornixa moldurada e a pequena cúpula (ou gurugú) no cume, de planta cadrada.
O aceso a vivenda se realiza por medio dunha escalinata.

No xardín que rodea ao edificio podemos ver varias árbores de fermoso porte como unha acacia, unha palmeira, dúas araucarias e dúas camelias aos lados da escalinata, todas elas de inicios do século XX.

Na actualidade todo o conxunto é propiedade da Xunta de Galicia. O edificio alberga a Escola oficial de idiomas da vila de

Esta construción foi promovida polo óptico ribadense Pedro García.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=226&c=001,007,008&lg=gal
http://turismo.ribadeo.gal/info.php?id=9&idioma=es&cat=1&sec=21

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA.(2000). Casas de Indianos. Ed: Xunta de Galicia (en liña: https://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Casas_de_Indianos.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.538236782845
Lonxitude: -7.0501207232502
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84