Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Vilacova (San Xoán)
Lugar: Valiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas.

O cruceiro nace sobre unha plataforma cadrada. Posúe un so chanzo cadrado e unha base de sección cúbica na que podemos ver inscricións en varias das súas caras.
O varal é de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
A continuación un capitel decorado con volutas e rostros humanos rodeadas cun cordón nos catro lados.
O cruceiro remata cunha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e acompañado dunha imaxe que o abraza no reverso; no anverso aparece a Virxe co Neno no colo e apoiada sobre unha peaña con forma de cabeza humana no reverso.

Ao carón do cruceiro vemos o peto de ánimas construído nun so perpiaño granítico. Posúe unha fornela hoxe baleira cun oco para as esmolas na parte inferior.
Ao redor da fornela vemos unha decoración moi traballada a base de espirais.
Na parte superior aparece unha pequena base que soporta unha cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360501701.html
https://turismo.concellodesalvaterra.org/vilacoba

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.15916149577
Lonxitude: -8.4343873525746
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84