Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: San Xosé da Carballeira
Lugar: A Buzaxe
Outra denominación do ben: Inscrición no Castelo da Buzaxe
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Esta inscrición considerada de orixe altomedieval está situada na parte máis elevada dun afloramento granítico coñecido como o Penedo dos Mouros ou O Castelo, situado a uns 200 metros ao noroeste da aldea de A Buzaxe. Na superficie dos penedos que conforman o promontorio podemos observar marcas de escadas, asentos de postes ou vigas de madeira e diversas pías naturais, nos arredores tamén apareceron restos cerámicos.
O xacemento está catalogado como fortificación medieval. Pénsase que na Alta Idade Media situábase neste outeiro, de difícil acceso debido as fortes pendentes, unha torre de carácter defensivo construída en madeira, posiblemente para a vixilancia e control da zona pois dende alí pódese observar toda a área circundante e o val do Miño ata Ourense.
A inscrición foi interpretada por Eguileta Franco e García Valdeiras como un límite do mosteiro de Santo Estevo. A transcrición que se suxire é +UEDIS CLOS ERA MLXXV, a tradución sería: Uedis (ou Vedis) acotou (este lugar) na era MLXXV, é dicir no ano 1037. Vedis é un antigo nome de orixe xermánica o que se pode relacionar ca presencia desta cultura na antroponimia e toponimia da comarca.
Agradecer a Gelasio Rodríguez, a súa nai Mari de Casdosteo e a señora Nieves da Buzaxe a axuda para acceder a este xacemento arqueolóxico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32052019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A zona é chamada polos veciños o Penedo dos Mouros, posiblemente como unha explicación mítica da orixe das marcas nas rochas de orixe descoñecida para eles.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Eguileta Franco, J Mª & García Valdeiras, M: Memoria do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do concello de Nogueira de Ramuín. Inédito. Ourense. 1997
Eguileta Franco, J Mª & García Valdeiras, M: Nogueira de Ramuín, un concello da Ribeira Sacra Ourensá. Ourense. 1999
Rodríguez Pereira, Xosé Manuel. Historia da Carballeira
Valdés Blanco-Rajoy, Rosario. (2020) Fortalezas de la Ribeira Sacra en el entorno del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (https://doi.org/10.5209/madr.73078)
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.405246614412Lonxitude: -7.7688633167914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84