
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Gaxate (San Pedro)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Peto de ánimas situado no interior dunha estrutura porticada pintada en blanco, a dúas augas e coroada cunha cruz de pedra.
No interior podemos ver unha fornela que alberga un retablo de azulexo policromado. Nel aparece representado unha imaxe do Sagrado corazón e, na parte baixa, a Virxe do Purgatorio xunto a tres almiñas.
Nos muros laterais da fornela existen dúas pracas de mármore. A da dereita di:
“EL CORAZÓN DE JESÚS
RECOMIENDA SIGAIS
POR EL CAMINO DEL BIEN
Y NO HACER NI DESEAR
A LOS DEMÁS
LO QUE NO QUIERAS PARA TI”.
A praca da esquerda reza así:
“CORAZÓN DE JESÚS
OS PEDIMOS LA BENDICIÓN
Y PERDÓN.
PARA PODERlOS PERDONAR
Y LA BENDICIÓN ECHAR
NO VOLVAIS A PECAR”.
Segundo recolle Estanisla Fernández de la Cigoña “o peto debe ser de finais do século XIX”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2013/03/peto-de-animas-de-gaxate.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.374313765462Lonxitude: -8.425270075292
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84