Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Lama
Parroquia: Xende (San Paulo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: Santuario do Santo Cristo de Xende
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa feita a base de cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular cunha soa nave, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Todos os esquinais presentan pináculos.
A fachada principal, con pilastras laterias, presenta porta de aceso enmarcada e con arco conopial. Por riba dela un ocelo con derrame interno, dúas fornelas con imaxes pétreas e un reloxo de agullas.
O conxunto remata cunha torre espadana en posición central, con balaustrada, dúas alturas e remate en cúpula octogonal.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga unha serie de retablos que foron restaurados no ano 1921 polo artista portugués Damián José Veloso.
Nestes retablos aparecen as imaxes de San Paulo, o Cristo da Agonía, a Virxe, san Xoán e o sagrado Corazón de Xesús.


Tradición oral:

A romaría do Santo Cristo da Agonía celébrase o oitavo domingo despois da Pascoa (domingo de Trindade). É unha das romarías máis importantes da provincia. Aínda que se descoñece a súa antigüidade, algúns historiadores sosteñen que ven dos inicios do século XVII.

Os ofrecidos colócanse no interior de cadaleitos abertos para pedir os favores do Santo Cristo.

Tamén era tradición a procesión do Santo Encuentro onde os veciños de parroquias limítrofes levaban as imaxes da Virxe ata o adro desta igrexa.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ALAMA/documents/0813CA003.PDF (ficha 17 – páxina 5)

Santuario del Santo Cristo de Xende

Festas, Romerias e Feiras


https://www.diariodepontevedra.es/blog/milagros-bara/singular-romeria-santo-cristo-xende/201906231955441040966.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel (2009). O Santo Cristo de Xende, ou o Gólgota evocado nas abas do Suído. Revista A Pedreira (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)
LOIS VÁZQUEZ, Manuel. (2003). Toponimia. A Pedreira, reviista cultural e turística do Concello de A Lama. Ed: Concello de A Lama (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.387432048628
Lonxitude: -8.4176726687812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84