Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Xende (San Paulo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O que podemos ver aquí é un conxunto formado por un cruceiro baixo un templete ou baldaquino construído no ano 1868 polo artista popular Manuel González Perdiz natural da parroquia lamesa de Covelo. Este cruceiro forma a estación número doce do Vía Crucis.

O cruceiro, que aínda conserva restos da súa policromía orixinal, nace sobre un so chanzo de sección cadrada cos esquinais recortados. A continuación unha gran base moldurada e decorada. Sobre ela outra pequena base moldurada con lendas nos seus catro lados:
“SE HIZO SIEN-
DO ABAD Dº ANTº
BENITO GARRIDO”

“Y ADMINIS
TRADORES DOMº
ANTº HERMIDA”

“Y MANUEL
FRANCO
AÑO DE 1868”

“EL MAESTRO
MANUEL GONZALEZ
Y PERDIZ”

o varal comeza en sección cadrada e segue en octogonal. Posúe unha variada decoración da paixón (escadas, látego, …), unha representación de Adán e Eva coa serpe ao seu redor sobre unha peaña con forma de cabeza humana, unha imaxe masculina apoiada sobre unha columna e sobre unha peaña, e outra imaxe relixiosa sobre peaña que ensina o que semella un pano de pureza co rostro de Xesús.
O capitel, de estilo corintio decorado con motivos vexetais, volutas e rostros humanos nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica con nos na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado acompañado dun anxo que recolle o seu sangue nun cáliz, e no reverso da cruz vemos a imaxe da Virxe sobre peaña con forma de cabeza de anxo alado. Na súa parte superior aparecen dous anxos.

O baldaquino remata nunha cúpula que conserva restos de policromía, e varias imaxes pétreas nos esquinais e no cume. Os lados abertos do baldaquino teñen un enreixado metálico.

Nas escaleiras que dan aceso a este conxunto podemos ver tamén unha fonte feita polo mesmo escultor (http://patrimoniogalego.net/index.php/115356/2023/03/fonte-ao-caron-do-cruceiro-con-baldaquino-do-santo-cristo-de-xende/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Segundo se conta, estando mestre traballando nos andamios, un día pola mañá, as campás da igrexa comezaron a tocar como por arte de maxia. Perante a extrañeza do feito os veciños achegáronse para ver que sucedía. O mestre baixou do andamio e, diante das preguntas da xente sobre o que sucedera negou que acontecera nada. Tres días dospois o andamio veu abaixo e Manuel González quedou pendurado dunha corda polos pés. Este accidente provocoulle un dislocamento das articulacións dos nocellos, quedándolle un oso saínte nun pé que lle estropeaba o calzado.”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ALAMA/documents/0813CA003.PDF (ficha 20 – páxina 8)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602502.html
https://viajes.lavozdegalicia.es/noticia/2019/12/27/cruceiro-technicolor/00031577463397947559922.htm
http://karkallon.blogspot.com/2013/01/santo-cristo-de-xende_30.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel (2009). O Santo Cristo de Xende, ou o Gólgota evocado nas abas do Suído. Revista A Pedreira (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)
LOIS VÁZQUEZ, Manuel. (2003). Toponimia. A Pedreira, revista cultural e turística do Concello de A Lama. Ed: Concello de A Lama (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.387929890428
Lonxitude: -8.4183462598216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84