Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Xende (San Paulo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esvelto e fermoso peto de ánimas de tipo pechado que semella unha pequena capela, cunha fornela con arco trilobulado e que remata cun frontón triangular moi puntiagudo e dos pináculos aos lados.
No interior vemos un retablo de madeira policromada profusamente decorada no que aparecen a imaxe da Virxe co Neno no colo xunto a dous anxos aos lados, todos eles sobre unha gran nube. Por debaixo vemos a dous anxos, un deles querendo elevar a unha ánima que porta unha copa. Na parte baixa do retablo vemos varias ánimas entre as lapas do Purgatorio, unha delas semella ser a Virxe que consola a unha das ánimas; outra é un Papa.
Na repisa da fornela atópase o caixón con tampa metálica para as esmolas.

Ao carón do peto podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/115312/2023/03/cruceiro-ao-caron-do-peto-de-animas-de-xende-ii/), e uns metros máis abaixo un fantástico conxunto arquitectónico e etnográfico composto da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/115288/2023/03/igrexa-parroquial-de-san-paulo-de-xende/), un cruceiro con baldaquino, a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/115296/2023/03/reitoral-de-san-paulo-de-xende/), e outro peto de ánimas máis (http://patrimoniogalego.net/index.php/115304/2023/03/peto-de-animas-de-xende-i/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA BIBLIOGRAFiCA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.386956059406
Lonxitude: -8.419195580378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84