
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Lama
Parroquia: Gaxate (San Pedro)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben: Villa Eulalia
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Fermosa edificación da segunda dédaca do século XX construída en cantaría granítica, de planta rectangular e composta de soto, baixo, primeiro andar e un último andar a xeito de torre.
A construción, de traza ecléctica e elementos de estilo modernista, destaca por varios elementos constructivos. A fachada principal presenta unha zona porticada, con terraza na parte superior, que gorexe a porta de aceso principal. No primeiro andar unha balaustrada de pedra recorre todo o muro.
Na cornixa da torre existen varios pináculos.
Na mesma propiedade podemos ver varias edificacións constructivas como un oratorio-capela do ano 1932 e un pombal de planta cadrada.
Segundo se recolle na bibliografía consultada, esta vivenda era, “unha mansión á que chegaba a luz eléctrica grazas á turbina mecánica que instalara na Poza de Valiñas. Un lugar onde tamén posuía un muíño tradicional e sobre o que conseguira a concesión oficial para este pioneiro aproveitamento hidráulico do río Oitavén”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENRIQUE ACUÑA, Xosé (2020). Apolinar Contreras ou o triunfo dun emigrante de Gaxate en Lisboa. Revista A Pedreira (en liña: https://concellodalama.com/wp-content/uploads/2021/02/PEDREIRA-2020_WEB.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.374321834893Lonxitude: -8.4264107985061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84