
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Vivenda singular,
Concello: A Lama
Parroquia: Gaxate (San Pedro)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben: Vivenda do señor Oubiña
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación do ano 1915 construída en cantaría granítica, de planta cadrada con baixo, primeiro andar e baixo cuberta de lousa, con gardamalletas nos beirís e pequeno lucernario no cume.
Toda a vivenda destaca polas súas formas curvilíneas, especialmente nos esquinais onde vemos galerías curvas pechadas con forxado metálico. Os ocos da planta baixa presentan arco de medio punto, os do primeiro andar arco trilobulado e conopial, e os do baixo cuberta posúen arco conopial.
Na fachada principal a porta de aceso aparece protexida cun balcón voado sobre columnas
No pasado, esta edificación posuía os muros policromados.
Segundo se recolle a bibliografía consultada, “nun balneario portugués, un veciño de Gaxate emigrado naquel país, coñece un suízo que o agasalla co proxecto da vivenda. Este veciño de Gaxate, á súa vez, cédello a un veciño emigrado no Brasil”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ALAMA/documents/0813CA004.PDF (ficha 30 – páxina 6)
BIBLIOGRAFÍA
TÁBOAS VELEIRO, TERESA. “Emigración e arquitectura. Os brasileiros”. Alais Editores. 2004.
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena. El legado de ultramar. Identidad, tradición e innovación en la configuración exterior de la casa indiana gallega. Atrio. Revista de Historia del Arte, no. 25 (2019): 170-207.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.374402538525Lonxitude: -8.4249760722377
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84