
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Paisaxe natural,
Concello: A Fonsagrada
Parroquia: Maderne
Lugar: Castañoso
Outra denominación do ben: Castelón de Castañoso
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Poboado fortificado ubicado na dorsal dun monte entre ríos. A estrutura defensiva dispón de tres foxos cun posible bastión intermedio e unha posible muralla perimetral que non é doadamente advertible hoxendía. O excelente estado de conservación do castro e o uso das antigas vivendas castrexas como estruturas agrarias para a maduración das castañas (“curripas” en A Fonsagrada) permitiu a preservación dalgúns elementos singulares do castro, como vivendas e, o máis relevante, unha sauna castrexa. A sauna conserva en pé parte da estrutura do forno e da falsa bóveda da sala, pero a súa situación é complexa. A estrutura atópase sostida por unha endeble muro dunha curripa creada sobre o propio edificio.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
O estreito acceso a través dunha dorsal ata o propio castro coñécese como “A Rúa dos Mouros”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LÓPEZ, Enrique; ARGUL, José: Fonsagrada y su concejo. Everest.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A caída do muro que sustenta a falsa bóveda da sauna pode acontecer en calquera momento, debido á febleza da estrutura sustentora. Perderíase un valioso monumento que chegou parcialmente en pé desde a Idade do Ferro / Época romana.
O 12 de decembro de 2011 Mariña Patrimonio e Lugo Patrimonio fixeron unha denuncia pública da grave situación na que se atopa a sauna. Pódese ler o comunicado aquí: http://mrpatrimonio.blogspot.com/2011/12/excepcional-sauna-castrexa-piques-do.html
En setembro de 2015 a sauna foi escavada, mercé a unha iniciativa do Museo da Fonsagrada, a través dun convenio entre o concello da Fonsagrada e a Xunta de Galicia. A súa estrutura foi desvelada, así como a de outras dúas casas. Pódese ver un vídeo explicativo aquí:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2015/09/13/unha-viaxe-ao-corazon-dos-castros-a-sauna-de-castanoso/
Onde está localizado
Latitude: 43.1662181853Lonxitude: -7.12986946106
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
magago says:
Dec 13, 2011
Máis info e vídeo:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/12/11/unha-sauna-castrexa-en-perigoso-equilibrio-video/
oscar franco says:
Dec 14, 2011
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/12/14/patrimonio-fara-un-informe-de-maneira-inminente-sobre-a-sauna-de-castanoso/
Oscar Franco says:
Xuñ 11, 2017
Volven os traballos á sauna de Castañoso. A nova é do 8 de xunio de 2017:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/713919/los-arqueologos-regresan-castanoso-para-investigar-mas-sobre-la-sauna
Oscar Franco says:
Xul 17, 2017
A sauna volve ser noticia na prensa escrita do 5 de xullo de 2017:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/725996/luxo-termal-na-fonsagrada
Elixio Vieites says:
Set 9, 2017
Unha ruta á sauna de Castañoso. Pódense ver boas fotos do seu estado despois das escavacións, ano 2017
http://rutasdehistoria.com/tour/ruta-sauna-castrexa-de-o-castelon-fonsagrada/
ANXO says:
Out 4, 2017
Supoño que xa estara estabilizada a boveda e o conxunto graciñas pola informacion