Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Bermo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un so chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un varal que comeza cunha pequena sección cadrada na que podemos ver o ano da súa feitura: ” 1758″. O resto do varal, de sección cadrada e arestas rebaixadas, contén varios relexos da Paixón e unha imaxe masculina relixiosa apoiada sobre unha peaña.
O capitel é de sección cadrada con molduras e decorado con cabezas de anxos.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110311.html

REFERENCIAS BIBLIOGRAFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cruceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza (Boiro). (En liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15011/BOIRO.pdf).

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.663108295566
Lonxitude: -8.8880288598203
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84