Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Teaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas composto dunha base cúbica na que podemos ver o caixón das esmolas con tampa de ferro.
Por riba vemos un retablo feito en pedra con arranxos feitos en cemento. No seu interior aparecen as imaxes da Virxe co Neno no colo e, aos seus pés, tres almiñas entre as lapas do Purgatorio.

Este peto de ánimas atopábase ao carón do Cruceiro do Ramallo (http://patrimoniogalego.net/index.php/79922/2015/11/cruceiro-do-ramallo/).

Dende aquí quero mostrar o meu agradecemento á familia Ramallo pola amabilidade ao abrir as portas da súa casa e deixarme ver o peto que custodian dende fai anos.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ir Indo Edicións.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.664411809925
Lonxitude: -8.8970872837541
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84