Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Rianxo
Parroquia: Asados (Santa María)
Lugar: Asadelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación dos séculos XVIII-XIX construída a base de cachotaría e cantaría granítica, con planta en L, dous andares e cuberta a dúas augas.
O conxunto, en completo estado de abandono, complétase con varias edificacións adxectivas, un hórreo e un pombal.

A reitoral atópase ao carón da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/115434/2023/03/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-asados/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Castelao publica no número 73 de 1930 da revista Nós, a historia que recolle dunha vella de Asados. Conta a lenda que uns ladróns van buscar na noite ao cura á casa reitoral. Queren que lles acompañe ao cruceiro do adro, para poñerlle os sacramentos a unha muller que vai morrer, ou sexa, á que ían asasinar. Ao día seguinte apareceu removida a terra nun curruncho do adro, como se alí soterraran a un defunto aquela noite”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
PXOM Concello de Rianxo (ficha A-009)
https://www.obaixoulla.gal/elementos/rianxo/arquitectura-civil/casa-reitoral-de-santa-maria-de-asados
http://roteiros.culturagalega.gal/extras/ficha/1022


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.677602004441
Lonxitude: -8.7885340975487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84