
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rianxo
Parroquia: Isorna (Santa María)
Lugar: Sestelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro do ano 1851 que nace sobre 3 chanzos de sección cadrada, un deles parcialmente soterrado. A súa base cúbica con motivos xeométricos nos catro lados posúe unha inscrición co ano da súa feitura.
O varal, que comeza en sección cadrada e segue en octogonal, contén relevos da Paixón.
O capitel, de sección tronco piramidal inverso, contén volutas e rostros de querubíns.
O conxunto remata cunha cruz leñosa de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo no anverso e a Virxe no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O cruceiro foi restaurado por Escultura-Opaso (ver referencias bibliográficas.).
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://concelloderianxo.gal/pxom (ficha C-050)
https://cruceirosdegalicia.xyz/1507215.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/rianxo/elementos-relixiosos/cruceiro-de-gomez
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
LÓPEZ OTERO, María Luisa. (2003). Percorrendo Barbanza. Visitas polo patrimonio da mancomunidade de Arousa Norte. Libro I. Ed: Asociación artesá e etnográfica do Barbanza “O Faiado-2”.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cruceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza (Rianxo). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15072/RIANXO.pdf).
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.671916768152Lonxitude: -8.7459570470467
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84