Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Ponte Caldelas - Avenida de VIgo 12
Outra denominación do ben: Casa da Campá
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación do ano 1914 situada no centro da vila de Ponte Caldelas construída en cantaría granítica e composta de baixo, primeiro andar e baixos cuberta. A vivenda posúe planta rectangular e cuberta a tres augas.
Na fachada principal destaca polos seus ocos con arcos escarzanos, a solaina cuberta, a balaustrada na cornixa e, de remate, a mansarda con gardamalletas, nun estilo moi similar ao de outra vivenda próxima (http://patrimoniogalego.net/index.php/115708/2023/05/vivenda-indiana-en-ponte-caldelas/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

“No baixo desta casa gárdase unha imaxe da Virxe das Dores que é propiedade da familia, de aí a curiosa campá que loce na súa fachada. Durante as festas das Dores, que se celebra a última fin de semana de agosto, a imaxe trasládase á igrexa do Sagrado Corazón, situada ao lado da Casa do Concello. O martes, tamén en procesión, volve de novo á capela-oratorio que se sitúa no baixo da casa”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://pontecaldelas.gal/patrimonio/gal-dolores.html

Home

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
TÁBOAS VELEIRO, TERESA. “Emigración e arquitectura. Os brasileiros”. Alais Editores. 2004


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.388741764349
Lonxitude: -8.5020995997546
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84