Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Rúa Aguasantas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación de estilo indiano do ano 1914 construída a base de cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular con baixo, primeiro andar e baixo cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta un pano simétrico, con ocos que presentan arcos de medio punto e rebaixados algúns casos, e lintelados noutros.
No primeiro andar destacan as balconadas con balaustrada de pedra que se repite no baixo cuberta.
Segundo as estudosas Teresa Táboas e Miriam Elena Cortés, o inmoble “interiormente conserva intacta a distribución inicial, a decoración e o mobiliario”, no que “sobresae a utilización de molduras (en formigón ou escaiola) decoradas con lazos, rosetas, palmetas, e no exterior as pequenas pezas xeométricas que desbordan e remarcan determinados puntos como os linteis e balcóns, con movementos ondulantes que dinamizan e adornan a imaxe do edificio”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://pontecaldelas.gal/patrimonio/gal-manuel.html
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
TÁBOAS VELEIRO, TERESA. Emigración e arquitectura. Os brasileiros. Alais Editores. 2004
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena. El legado de ultramar. Identidad, tradición e innovación en la configuración exterior de la casa indiana gallega. Atrio. Revista de Historia del Arte, no. 25 (2019): 170-207.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.390553112702Lonxitude: -8.5018417770998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84