Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Lama
Parroquia: Xesta (San Bartolomeu)
Lugar: Pigarzos
Outra denominación do ben: Ermida dos Prados // Capela da Virxe das Dores
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación relixiosa de mediados do século XX construída en cantaría granítica escuadrada coas xuntas enmarcadas con cemento, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Nun dos laterais aparece un anexo adosado que corresponde coa sancristía.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso con arco de medio punto, dúas bufardas aos laterais e un ocelo con derrame interno. No cume vemos unha pequena espadana dun so oco con campá.
Na mesma carballeira onde se atopa esta capela podemos ver tamen un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/72051/2015/04/cruceiro-da-carballeira-de-prados/) e un palco de Música.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior alberga varias imaxes relixiosas, entre elas a da Virxe das Dores e a da Virxe de Guadalupe, esta última traída polos emigrantes mexicanos da contorna.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ALAMA/documents/0813CA002.PDF (ficha 9 – páxina 9)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.385779618447Lonxitude: -8.3648628515854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84