Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Lama
Parroquia: Antas (Santiago)
Lugar: Monte do Ceo
Outra denominación do ben: Capela da Nosa Señora das Ermidas
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa da última década do século XIX con posteriores reformas na metade do século XX, construída en cantaría granítica labrada, escuadrada e encintada, de planta rectangular coa sancristía adosada a un dos laterais, e cuberta a dúas augas con pináculos nos esquinais.
A fachada principal presenta unha porta lintelada con frontón na parte superior. Máis arriba un ocelo con derrame interno. Unha cornixa moldurada da paso a unha espadana de dous corpos con arcos apuntados e balaustrada metálica.

Esta capela foi mandada construir por Inocencio Cendón “O Crego de Abelaido”.
A capela atópase nunha fermosa carballeira onde tamén podemos ver outros elementos etnográficos relevantes.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral recolle varias lendas asociadas a este lugar:

* Unha das lendas di que “a Raíña dos Cielos se manifestaba neste este lugar con cantos e música celestiais aos gandeiros mentres ian cos animais ao Campo de Piornoso (hoxe a carballeira deste santuario)”.
* Outra lenda fala dunha pedra que “desaparecía muy a menudo de su lugar llevada por el pueblo de Xende, pero ésta de una manera milagrosa e irreal volvía a su lugar de origen donde se asentó para siempre. Sin más fue naciendo un sentimiento de que algo mágico y trascendental estaba ocurriendo en este lugar”.
Outra versión deste mesma lenda di que esa pedra, atopada no lugar das sete fontes, era unha imaxe da Virxe.
* Na mesma carballeira existen sete fontes onde a tradición di que que os devotos “se laven antes salir el sol en cada una de ellas para sanar sus dolencias”.
“La fama de milagreira viene desde que un labrador harto de no conseguir cura médica para una herida en el labio se lavó en la fuente de la aparición. Al mes se curó por completo y pidió allí construir una capilla en honor a la Virgen”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ALAMA/documents/0813CA003.PDF (ficha 19- páxina 7)

Santuario de Nosa Señora das Ermidas de A Lama

Festas, Romerias e Feiras


http://paisajesrutas.blogspot.com/2017/08/aparicion-de-la-virgen-xesta-lama_29.html

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/04/16/vecinos-lama-oponen-parques-eolicos-86083181.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarcas/xunta-autoriza-parque-eolico-lama-vila-cruces/202306081130551257038.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
PIÑEIRO GÓMEZ-DURÁN, Juan J. (2007). As Ermitas conmemora os seus 125 aniversario. A Pedreira. Revista cultural e turística do Concello da Lama. Ed: Concello de A Lama (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Existe un proxecto de construción dun parque eólico na contorna da capela.


Onde está localizado

Latitude: 42.408187365975
Lonxitude: -8.4015019416167
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84