Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz)
Lugar: Espartedo
Outra denominación do ben: Penedo do Sol, "Caballo del Diablo"
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Pedra do Sol é un penedo senlleiro que segundo a tradición das xentes dos lugares de Espartedo e Santa Cruz sinala o mediodía debido a súa posición respecto do sol. Ademáis está asociado a historias de belas mouras, arrepiantes serpes e tesouros enfeitizados que se agochan debaixo desta gran mole granítica.

O escritor máis representativo do concello de Nogueira de Ramuín, Xosé Fernández Ferreiro, membro xa falecido da Real Academia Galega é autor dun artigo xornalístico no que podemos profundizar nas lendas que caracterizan o devandito penedo e no que menciona que se incluía dentro do famoso libro máxico coñecido como o “Ciprianillo”. O interesante artigo sobre o folclore asociado a esta rocha foi publicado o 4 de xaneiro de 1966 no xa desaparecido diario vespertino “La Noche” e pódese atopar nos comentarios a esta ficha.

Hoxe o acceso ao penedo está dificultado pola vexetación circundante inda que segue destacando na paisaxe e se pode observar sen dificultade dende a estrada e as mencionadas aldeas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.397017716147
Lonxitude: -7.7086256963588
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84