Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Verducido (San Martiño)
Lugar: O Porto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños e que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un grosos varal que posúe 16 caras e no que podemos ver varios relevos que mostran a dúas serpes con plumas e orellas, e enroscadas; unha delas mordendo unha caveira con tibias, a outra mordendo a árbore do Paraiso.
A continuación o capitel de sección cadrada decorado con volutas, motivos vexetais e cabezas en cada un dos seus lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans en oración e acompañada de dous anxos no reverso.

Ao carón do cruceiro podemos ver tamén un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/115843/2023/05/peto-de-animas-das-bazocas/) conformando un fermoso conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602506.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2014). Cruceiros de anxiños ou cruceiros do Limbo. Actas do V Congreso Galego de Cruceiros. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.359038441273
Lonxitude: -8.4226946610796
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84