Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Xende (San Paulo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena oquedade artificial construída na década dos 60 do século XIX con cachotaría granítica.
No interior podemos ver unha imaxe dunha muller cunha xerra na man. No pasado a auga verquía de dita xerra.
A cova posúe unha porta metálica.

Estanislao Fernández de la Cigoña recolle a seguinte historia:
“Este burato ten unha relación directa co Santuario do Santo Cristo de Xende (http://patrimoniogalego.net/index.php/115288/2023/03/igrexa-parroquial-de-san-paulo-de-xende/), pois o diñeiro gastado na súa construción procede das esmolas deixadas polos romeiros que durante a Pascuíña (primeiro domingo antes do Corpus) congrega a milleiros de persoas ante o Santo Cristo.
Ao principio non existía como cavidade, xa que era unha fonte que tiña sona de milagreira, porque as súas augas viñan do alto, onde o Santo Cristo facía tantos milagres. Como había diñeiro abundante os administradores do Santuario decidiron cubrir a fonte, simulando que se atopa no interior dunha caverna natural. Fixéronlle muros de pedra desiguais, simulando os rochedos nos que se abren as cavidades, e un teito con estalagtitas artificiais”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.387096177495
Lonxitude: -8.4164569106013
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84