Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Lama
Parroquia: Gaxate (San Pedro)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben: Casa Trigo
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación indiana de inicios do século XX construída en cantaría granítica labrada e escuadrada, cos muros revocados e pintados, de planta rectangular con soto, baixo, primeiro andar e baixo cuberta.
No conxunto destacan varios elementos de estilo modernista e clásico que nos revelan dúas etapas constructivas diferentes: balcóns porticados con arcos de medio punto e xanelas de estrutura modernista (algúns deles tomados con chumbo); elementos de estilo ecléctico como arcos carpaneis, e outros de estilo clásico que podemos ver nos pináculos e nas balaustradas.

No interior da vivenda destacan os seus azulexos policromados.

Todo o conxunto foi reformado recentemente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25997/casa-de-honorata?langId=es_ES&tp=9&ctre=39

«GAXATE NA HISTORIA» EN PROCESO

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
RODRÍGUEZ DACAL, Carlos (2012). O mundo verde de Villa Honorata, casa indiana modélica lamesa. A Pedreira: revista cultural e turística do Concello da Lama (10).
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena. El legado de ultramar. Identidad, tradición e innovación en la configuración exterior de la casa indiana gallega. Atrio. Revista de Historia del Arte, no. 25 (2019): 170-207.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.373840437188
Lonxitude: -8.4252431543049
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84