Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra Cha (comarca) / Xermade
Parroquia: Cabreiros (Santa Mariña)
Lugar: Leboré
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Segundo puidemos ler, neste concello, entre cruceiros, cristos e cruces, localízanse 94 destas mostras de relixiosidade popular, e nesta publicación mostrámosvos o Cruceiro de Leboré, situado nun cruzamento viario da estrada Viveiro – Betanzos, camiño aos lugares de Leboré e Reguengo, na parroquia de Santa Mariña de Cabreiros.
O cruceiro, de propiedade privada e realizado en granito, data de 1895, tal como consta nunha inscripción na súa base, non visible pola maleza que a cubría no momento da nosa visita, e aínda que aparenta bo estado, amosa algún elemento artístico deteriorado. Tamén lemos que a plataforma ten dous chanzos e unha base cun tramo de forma paralelepípeda e un segundo troncopiramidal, difícil de distinguir pola masa silvestre que as toma.
O fuste é monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas biseladas no resto. As do extremo superior están ornamentadas por uns roeis e rombos. O resto do fuste está adornado polos instrumentos da paixón en relevo (tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos).
O capitel presenta forma troncopiramidal invertida decorado con querubíns e volutas. Sobre el, álzase unha cruz de sección cuadrangular nos seus extremos e as arestas rebaixadas no resto, rematada en cruz florenzada.
No anverso da cruz, baixo a cartela, aparece a efixie de Cristo coa súa cabeza inclinada ó lado dereito, os brazos estendidos e as mans abertas, o perizoma anoado ó lado dereito, o pé dereito sobre o esquerdo e ambos apoiados nunha caveira. Esta efixie esta flanqueada por un desigual santiño que, ademais de mostrar un libro entre as súas mans, presenta diferentes deterioracións na súa figura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Xermade (2003-04-29), Pax. 96 do Pdf:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/XERMADE/documents/0645NO100.pdf
https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.1738.php
https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.1745.php
https://cruceirosdegalicia.xyz/270210202.html

Cruceiro incluído na obra “CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES DE XERMADE”, de Fernando Arribas Arias e José Manuel Branco Prado. Edicios do Castro. Cadernos do seminario de Sargadelos número 94. Cruceiro número 14, páxs. 62-65.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.389
Lonxitude: -7.805139
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84