Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Escudo / Epígrafe,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Capela da Nosa Señora das Angustias formaba parte nun principio da antiga parroquial de San Pedro, pero a igrexa foi desfeita para ampliar o cemiterio, sobrevivindo só a Capela Maior e o que era a sancristía, de menor altura. Componse dunha bóveda de cantaría que descansa sobre dous corpos compostos de columnas e arcos labrados. Ao seu fronte álzase un altar e a ambos lados sepulturas baixo senllos brasóns de forma ovalada compostos de dous cuarteis iguais (o superior corresponde aos Giances de Caamaño e o inferior aos Patiños). Os seus muros están feitos de cantaría e na fachada, sobre a porta, ábrese unha xanela cadrada sobre a que descansa un brasón partido en catro cuarteis: o superior esquerdo son as armas dos Romero, catro aspas de bordóns de ouro tendo no medio seis orellas; o seguinte son as armas dos Caamaño, unha árbore rodeada de dez lanzas; o inferior esquerdo, o brazo e o puñal roto, armas dos Carballido; e o último un pato nadando armas do Patiño. O conxunto atópase coroado por unha pequena espadana e un teito a tres augas, de uralita.
A Capela foi construída no ano 1665, cuxa data vese gravada na bóveda, reformada no ano 1878 pola viúva de don Fernando María de Carantoña e no ano 1914 por Ramón de Artaza como lexítimo herdeiro. Fundación e propiedade dos esposos D. Domingo A. Giance de Caamaño, Rexedor perpetuo e Procurador Xeral da Vila e a súa esposa Dª María Patiño Oanes de Figueiras, e despois da súa morte a súa filla Dª Aldonza Giance de Caamaño e Patiño, quen xunto co seu marido fundan Maiorazgo na Capela xunto coa obriga de alumear diariamente con aceite a lámpada que colgaba diante da Nosa Señora das Angustias. Ten privilexio pontificio de Altar de Alma Perpetuo e varias indulxencias dun cardeal compostelán e do Nuncio.
Serviu como sepultura de diversas persoas ilustres da Vila. Así, ao lado dereito do altar descansan: D. Domingo Giance de Caamaño e da súa esposa Dª María Patiño Oanes de Figueiras Corposanto e Guemez e as da súa filla Aldonza; as de D. Ramón de Artaza Giance de Caamaño e da súa muller Dª María Malvarez de Gomez de Reloba e as de seu fillo Armindo; as de D. Manuel de Artaza e as da ilustrísima Sra. Dª María Elices Gasset de Artaza; e no lado esquerdo as de D. Fernando Carantoña Ubach Giance de Caamaño, Conde de Medina de Contreras e vizconde de Peña Parda de Flórez.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Artaza Malvárez, Ramón de: «Historia de Muros y su distrito». 2ª edición.
Artaza Malvárez, Ramón de: «Recuerdos de Muros»
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A día de hoxe atópase nun estado de abandono latente, o seu interior e empregado como almacén do cemiterio é o teito de tella do país foi substituído por un de uralita.
Onde está localizado
Latitude: 42.7741860911Lonxitude: -9.05915799735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 18, 2023
A prensa dixital do 15 de decembro de 2023 recolle o lamentable estado deste ben:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/muros/2023/12/15/milenarias-piedras-san-pedro-muros-quiere-recoger/0003_202312B15C3991.htm