Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: A Lama (San Salvador)
Lugar: A Torta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un so chanzo de sección cadrada.
A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe unha tampa de ferro que corresponde co caixón para as esmolas. Ao seu carón vemos un relevo dunha caveira coas tibias cruzadas.
A continuación o varal de sección ocotogonal.
O capitel decorado con volutas, motivos vexetais e cabezas de anxo nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans en oración e apoiada sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

O cruceiro posúe un farol cun cadeixo, todo de factura moderna.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602508.html
http://www.xoanarcodavella.com/2019/05/cruceiro-peto-de-curuxeira-torta-lama.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.403170999886
Lonxitude: -8.4407762274336
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84