Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Gaxate (San Pedro)
Lugar:
Outra denominación do ben: Cruceiro do Cristo da Misericordia
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre unha plataforma cúbica na que podemos ver lendas inscritas nas súas catro caras:
“SE GANAN CINCO
AÑOS DE INDULGENCIAS
REZANDO TRES PADRE
NUESTROS UN CREDO
Y UNA SALVE”
“SANTISIMO
CRISTO DE LA
MISERICORDIA”
“EL MAESTRO
MANUEL GONZALEZ
AÑO DE 1892”
“SE HIZO A ESPENSAS
DE
MIGUEL FERNANDEZ Y
SU FINADA MUGER
MARIA GARRIDO
BOENTE”
A continuación vemos unha base profusamente decorada, con relevos e imaxes gravadas que mostran vaias esceas relixiosas.
O varal está dividido en tres tramos: o primeiro ten sección cadrada e posúe relevos da Paixón, o segundo ten sección octogonal, o último é de sección cilíndrica.
O capitel é de estilo corintio, con motivos vexetais, volutas e caras humanas nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas máns entrelazadas e sobre unha peaña con forma de cabeza humana no reverso.
Ao seu carón podemos ver un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/115960/2023/06/peto-de-animas-da-ramadiza/) conformando un fermoso conxunto etnográfico.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360250503.html
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.373885455597Lonxitude: -8.431037936884
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84