Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Gaxate (San Pedro)
Lugar: A Ramadiza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado que forma parte dun muro.
Consta dunha fornela protexida. O seu interior alberga un retablo policromado no que aparece Santo Antonio co Neno no colo na parte superior. Na parte inferior un conxunto de almiñas entre as lapas do Purgatorio.
Xunto ao retablo vemos un conxunto de imaxes exentas de factura recente.
O conxunto remata cun frontón semicircular.
Ao seu carón podemos ver o cruceiro da Ramadiza (http://patrimoniogalego.net/index.php/115959/2023/06/cruceiro-da-ramadiza/) conformando un fermoso conxunto etnográfico.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.373880386651Lonxitude: -8.4310558275181
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84