Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Antas (Santiago)
Lugar: Monte do Ceo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1882 situado no recinto da festa da capela da Nosa Señora das Ermidas (http://patrimoniogalego.net/index.php/115765/2023/06/santuario-das-ermidas-2/).
Protexido por una balaustrada metálica, nace sobre dous chanzos de sección cadrada. Posúe unha gran base con escocia e, sobre ela, outra de menor tamaño na que aparecen as seguintes inscricións en dúas das súas caras:
“FUNDADOR D
SANTUARIO DEL
A VIRGEN DE FUTe
SANTA Y CRUZERO
JOSE QUITo Y Jfa GARa.”

“SIENDO ABAD
D. LUCAS NOGE_
IRA EN 1882.”

O seu varal comeza en sección cadrada, segue coas arestas rebaixadas e remata en sección cilíndrica con acanaladuras. Nel podemos ver as imaxes de Adán e Eva apoiados sobre unha peaña e acompañados da árbore e da serpe. Un pouco máis arriba outra imaxe, esta vez a de Verónica co Santo Sudario sobre unha peaña.
O capitel, de estilo corintio con motivos vexetais, volutas e anxos alados nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado acomapañado dun anxo que recolle o sangue cun cáliz no anverso, e a Virxe das Ermidas cun anxiño nas mans, apoidas sobre unha cabeza de querubín e rodeada dunha mandorla no reverso.

Segundo se recolle nalgunhas das fontes bibliográficas, este cruceiro foi feito polo mestre canteiro Xosé Cerviño García.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360250101.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
PIÑEIRO GÓMEZ-DURÁN, Juan J. (2007). As Ermitas conmemora os seus 125 aniversario. A Pedreira. Revista cultural e turística do Concello da Lama. Ed: Concello de A Lama (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.407086375179
Lonxitude: -8.4007318307994
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84