Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Escuadra (San Lourenzo)
Lugar: O Peso
Outra denominación do ben: Peto e Calvario do Peso
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto formado por un peto de ánimas e un Calvario.
O peto de ánimas consta dunha fornela con arco de medio punto e porta metálica enreixada e unha cornixa moldurada. Remata cun edículo decorado no que aparece gravado un cáliz coa Forma consagrada. Por riba dela unha fina cruz de sección romboidal cos remates dos brazos florenzados.
No interior da fornela vemos un retablo pétreo coa imaxe da Virxe e, baixo os seus pés, cinco almiñas entre as lapas do Purgatorio.
Existen dúas imaxes máis que son un San Xosé co Neno no colo apoiado sobre unha peaña, e unha imaxe da Virxe co Neno no colo rodeada de catro anxos.
Na repisa da fornela vemos o caixon das esmolas.
O calvario consta de dúas cruces de sección octogonal, capitel cadrado con molduras e cruz de sección cadrada coas arestas finamente rebaixadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602511.html
http://www.xoanarcodavella.com/2013/04/peto-e-calvario-do-peso-o-peso-lama-o.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.420978529195Lonxitude: -8.4368564991557
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84