Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Gomesende
Parroquia: O Val (Santa María)
Lugar: O Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación feita en cantaría e cachotaría granítica, de planta rectangular con baixo e primeiro andar.
O conxunto, hoxe sen cuberta e cheo de maleza no seu interior, posúe varios elementos destacados como unhas escaleiras exteriores e os restos dun antigo peto de ánimas na fachada principal (http://patrimoniogalego.net/index.php/116172/2023/09/peto-de-animas-do-antigo-albergue-de-peregrinos-do-santuario-da-nosa-senora-do-val/). Tamén posúe unha inscrición na que figura o ano da súa construción:
“ESTAS OBRAS CRECIE CON LI
MOSNA. AÑO 1703”.

Segundo se recolle da bibliografía consultada, esta construción tivo diversos usos: o primeiro deles foi de albergue de peregrinos que chegaban desnde Celanova e Portugal cara Ribadavia; posteriormente funcionou como taberna nos días de feira de gando (os días 28 de cada mes).

Ao carón podemos ver tamén un fermoso cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/116171/2023/09/cruceiro-de-animas-do-antigo-albergue-de-peregrinos-do-santuario-da-nosa-senora-do-val/).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB

Santuario de Trasportela – Nosa Señora do Val de Poulo


https://delouredo.blogspot.com/2020/06/tres-cruceiros-no-val-gomesende.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. Ir Indo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.208323172477
Lonxitude: -8.108716151913
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84