Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Gomesende
Parroquia: O Val (Santa María)
Lugar: O Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón do antigo albergue (http://patrimoniogalego.net/index.php/116152/2023/09/antigo-albergue-de-peregrinos-do-santuario-da-nosa-senora-do-val/) podemos ver este cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica, composta de dous bloques de pedra granítica, posúe varios rebaixes na parte superior posiblemente para a recollida de auga bendita ou para deixar candeas.
O varal está dividido e tres tramos todas elas de sección cilíndrica. Nel podemos ver varios relevos:
* as letras M e A xunto a unha pequena cruz en baixorelevo
* varias frases que din o seguinte:
“D(ad)ME (li)MOS(nas) PARA OBRA(s)”.
* na parte superior o que semella ser “unha ánima solitaria metida entre as lapas”
* a imaxe da Virxe co Neno no colo.

O capitel, decorado con grosas volutas, da paso a unha cruz de sección octogonal e remates dos brazos florenzados con botón central. Nela vemos as imaxes de dous anxos apoiados no brazo horizontal sostendo unha coroa que gorece un corazón (Corazón de María).

Aínda que non coñecemos a súa datación, a antiga construción ao seu carón posúe unha inscrición que di o seguinte:
“ESTAS OBRAS CRECIE CON LI
MOSNA. AÑO 1703”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/320330601.html
https://delouredo.blogspot.com/2020/06/tres-cruceiros-no-val-gomesende.html

Santuario de Trasportela – Nosa Señora do Val de Poulo

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. Ir Indo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.208384063329
Lonxitude: -8.1088081431749
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84