Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: Santo Adrao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVI, de planta rectangular cunha soa nave e cuberta adúas augas con xisto.
A fachada principal presenta unha zona porticada cun enreixado metálico, e unha porta de aceso. O conxunto remata cunha espadana dun so oco con cruz metálica no cume e pináculos con punta de diamante nos laterais.

Segundo a bibliografía consultada: “ata ben entrado o século XX a capela pertenceu á Casa do Rego de Santadrao. Os seus membros encargáronse de ter conta dela e de comprar os ornamentos sagrados para celebrar os oficios relixiosos”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Formando parte dun dos muros laterais do exterior desta capela podemos ver un sartego de época prerromana. Dito sartego posúe un UNS OCOS por onde os feligreses introducen todo tipo de esmolas (SEGUNDA FOTO DESTA FICHA).

O interior da capela alberga un retablo de dous corpos que remata en frontón triangular, que posúe a seguinte inscrición:
“ESTA CAPILLA FUNDÓ D. RAMÓN Y LUACES Y SU MUJER Dª RAMONA DE MONTENEGRO. AÑO DE 1685 Y ESTE RETABLO AÑO DE 1703”.
O retablo posúe varias imaxes: un San Pedro de época barroca; dúas imxes de Santo Adrao, unha delas do século XVII; unha Inmaculada do século XVII; un Cristo en terracota do século XIX; unha imaxe de San Rosendo.


Tradición oral:

Nesta capela se levan a cabo os rituais de “poñer o santo” e o “coitelo do San Adrián”. A bibliografía consultada di o seguinte:

“O de poñer o santo consiste en que un fregués realiza unha cruz por riba da cabeza dos devotos cunha pequena imaxe do santo. Os devotos bican a imaxe e deixan unha esmola nunha boeta, mentres o poñente recita as seguintes xaculatorias:

“Por tu corazón bendito San Adriano, vos ilumine con su rostro.
El Señor vos bendiga e sobre ti vos conceda su favor, y vos proteja,
se fije en ti, y te conceda la paz”.

“San Adrián bendito che quite a enfermedad, e che dea sanidad,
polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén”.

O ritual do “coitelo do San Adrián” consiste en que os devotos tocan a imaxe do Santo cos coitelos para despois pasalos polas partes doentes cunha finalidade sandadora. Hai devotos que seguen co ritual nas suas casas e tamén os hai que realizan o seu propio coitelo de madeira e ben dun xeito directo ou indirecto bendiceno ou mandano bendicir – se eles non poden- para poder facer o ritual”.

Un último rito desta capela é o do sartego, no que o costume é depositar nél as crinas dos animais ofrecidos, como cabalos, eguas e vacas. Asi mesmo, hai fieis que sacan algunha crina do sartego e lévana canda eles para cadansúa casa como elemento protector da cabana de seu”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

GOIRIZ (SANTIAGO)


https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.962.php
https://megaliticia.blogspot.com/2019/02/sarcofago-en-el-santuario-de-santo.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
BLANCO PRADO, José Manuel. A devoción popular ao San Adrián na Terra Chá (Lugo). (en liña: https://galiciaencantada.com/archivos/docs/SAN%20ADRIAN.%20CROA.pdf)
BLANCO PRADO, JOSÉ MANUEL e PERNAS BERMÚDEZ, CARMEN. (2002). Os santuarios do Concello da Pastoriza. Boletín CROA (12). (en liña: https://viladonga.xunta.gal/sites/default/files/ficheros/1295009530.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.350089291522
Lonxitude: -7.6194075965472
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84